O 20 de marzo de 2022 5 alumnos do noso centro, Lucía, Celia, Xiana, Nora e Cristian, viaxamos a Palmela, un pequeno pobo situado preto de Lisboa. Fomos en tren dende Vigo, e unha vez alí cada un de nós marchou á casa da súa familia. Falamos coas nosas familias para coñecelas e familiarizarnos con eles.
Ao día seguinte reunímonos no colexio de palmela para facer unha presentación do noso país e a nosa cidade e a ver as presentacións do resto de países.
O segundo día en Palmela fixemos unha yinkana no instituto e pola noite invitáronnos a cear no instituto coas nosas familias e a do resto de estudantes.
O seguinte día do viaxe, pola mañá fomos ao colexio e realizamos actividades para coñecernos cós alumnos dos outros países e ao medio día e pola tarde visitamos o centro de Lisboa e o seu acuario, o palacio da auga e o mosteiro dos Gerónimos.
O cuarto día en Lisboa estivemos no instituto e logo leváronnos a unha praia e fixemos moitas actividades, kayak, bóuceo, xogos na area...
O último día en Palmela fumos ao instituto a ver unha representación preparada polos portugueses e rematamos bailamos a Macarena con todos os estudantes de todos os países.
O sábado pola mañá erguémonos cedo para ir a Lisboa e coller o tren de volta a Vigo.
Comentarios
Publicar un comentario