A Nosa Viaxe a Bulgaria
O 25 de setembro saimos de vigo e tivemos xa o primeiro problema. Nesta viaxe participamos os alumnos Claudia, Laura, Miguel (Michi), Pablo e Yago coas profesoras María (de inglés) e Pilar (profesora de pt). En Vigo houbo un fallo no sistema e tardamos máis do que esperabamos en sacar os pases de embarque. E marchamos hacia Barajas, Madrid onde, por sort, non pasou nada, aínda que o peor estaba por acontecer.
Nesta foto estamos en Peinador (O aeroporto de Vigo).
En París fixéronnos un control de identidade e a María e a Michi puxéronlles problemas para pasar. Eles tiveran un erro xa que ao chagar á enbaixada en Bulgaria dixéronnos que non había ningún problema. Pero pasamos uns momentos moi tensos.
Nesta foto estamos nas escaleiras mecánicas antes do incidente.
Chegamos a Bulgaria e cada un marchou coa súa familia e tivemos unha marabillosa vista da noite de Sofía que é marabillosa.
O primeiro día foi o día de presentacións, cada país fixo unha presentación da súa cultura, gastronomía e lugares de interés. Despois presentámosnos entre nós e ensinoáronnos a súa cidade cuns xogos.
O seguinte día foi o día da lluvia, mollámosnos todos e as actividadesdese día tivémoslas que cancelar.
O terceiro e cuarto día viaxamos o primeiro a Plovdiv que ten un anfiteatro romano que é Patrimonio da Humanidade e o segundo fomos a un río a facer unha ruta en barca e despois ir á cova dos Ollos de Deus.
O quinto e último día de estancia fomos ao zoo pola tarde e esa mañá bailaramos salsa e os nosos bailes tradicionais. Nós Bailamos a muiñeira.
Comentarios
Publicar un comentario